CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

As olas e as Pitas de Eiroás, nos colexios ourensáns

Os CEIP As Mercedes, Curros Enríquez e Manuel Sueiro veñen de ser nomeados “escolas amigas da Pita”

Tres novos centros veñen de converterse en “escolas amigas da Pita”. Neles a Asociación de Amigos/as da Pita desenvolvían unha serie de obradoiros sobre a orixe desta máscara ourensá e decoración de olas, e logo coordinaba o xogo de olas entre os nenos nos días previos ao Entroido. Estes colexios eran o CEIP As Mercedes, o CEIP Curros Enríquez e o CEIP Manuel Sueiro.

Ademais neste ano, unha nova cor pendurará do broche da Pita e 2016 será a verde clara, coa que queren facer fincapé na defensa do ensino público.

Fotos: Asociación Amig@s da Pita.

Artigos relacionados

Back to top button