CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Óliver Laxe grava nos Ancares o seu filme sobre os incendios forestais

Aquilo que arde está a gravarse integramente en galego e continuará a súa filmación durante todo o verán

Achegar a súa visión dos lumes forestais é o obxectivo que persegue o director galego Óliver Laxe na súa nova película Aquilo que arde. E faio cun dobre argumento: contar a historia dun home que retorna ao seu pobo tras saír do cárcere acusado de incendiario e das tensións que se xeran cos seus veciños cando se produce un novo lume; e centrarase nas dificultades que deben acometer os efectivos humanos incorporados á loita contra os incendios.

Premio da Crítica do Festival de Cannes en 2016 e autor, entre outras, de fitas tan laureadas como Mimosas, Laxe filma estes días a súa terceira longametraxe no concello lucense de Navia de Suarna, nos Ancares, ata onde se desprazaba o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez para compartir impresións cos membros do equipo técnico e artístico da produción. Un filme do que xa puideron verse as primeiras imaxes no pasado festival OUFF de Ourense, gravadas durante varios días de convivencia en 2017 coa brigada antiincendios do municipio ourensán de Toén.

A idea da película xurdiu a partir dunha iniciativa do Máster en Documental de Creación da Universidad Pompeu Fabra de Barcelona, co que colabora Óliver Laxe, e está a gravarse integramente en galego e continuará a súa filmación durante todo o verán por varias localizacións da comarca dos Ancares e doutros puntos de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button