ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“Olladas de igualdade”, na Casa da Cultura da Rúa

As fotos do concurso convocado polo Concello permanecerán expostas ata maio

Dende o 19 de marzo e ata o 31 de maio estarán expostas na Casa da Cultura da Rúa, as imaxes que participaron no III concurso de fotografía “Olladas de igualdade” convocado polo Concello con motivo do Día da Muller.

Este ano presentáronse en total 13 traballos de 8 persoas, unha da Rúa, outra do Barco de Valdeorras e o resto de diferentes partes de España. O primeiro premio foi para a fotografía “La pastora” de Javier Yarnos Sánchez de Pamplona que xa ganara a anterior edición; o segundo premio foi para “Transportadora de sal” de Luis Mª Barrio Sanz de Logroño; e o terceiro para “Sempre acarrean elas” de Fernando García Fernández de Gondomar.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button