DeportesÚltima hora

Once equipos loitan por estar na gran final da II Gran Festa do Fútbol de Trives-Río-Manzaneda

A competición comezaba o 28 de decembro no pavillón trivés e prolongarase ata o domingo 30 de decembro

Dende o 28 de decembro roda de maneira case ininterrumpida o balón no pavillón trivés no marco da II Gran Festa do Fútbol de Trives-Río-Manzaneda, un torneo de fútbol sala solidario cuxa gran final disputarase este domingo 30 de decembro ás 20h. Un total de once equipos están mergullados nesta competición, entre os cales hai un chegado de fóra de Galicia, en concreto da Baña (León).

Trátase dos equipos (algúns mixtos): Recreativo de Juerga, Fogonazos F.S, La Baña, Coles e Berzas Team, Nos, Río Mola, Tinajas, PNP, EDT, Curvi e Polvoros.

Este torneo solidario está organizado polos Concellos de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda xunto coas asociacións RíoMola, Sporting Manzaneda, A Rebusca, CD Trives, Club Montaña Trives e co Disco-Pub Curvi.

Fotos cedidas.

Público seguindo os partidos no pavillón trivés.

Artigos relacionados

Back to top button