DeportesÚltima hora

Once podios para o Club Adas no Campionato provincial de campo a través-Xogade

 

Catro ouros, cinco pratas e dous bronces. É o destacado resultado da actuación do Club Adas do Barco no Campionato Provincial de campo a través-Xogade, que tiña lugar este 1 de febreiro no Complexo Deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar.

Os podios invididuais viñan da man de José Hervella (das escolas deportivas de Trives) e Nicoll Sánchez, que vencían en benxamín masculino e en alevín feminino, respectivamente. Ademais, Iago Trincado proclamábase subcampión en infantil masculino, mentres Mauro A. García era terceiro nesa mesma categoría e Clara Ovalle facíase tamén co bronce en cadete feminino.

Por equipos, o Adas ganaba en alevín masculino e feminino e quedaba subcampión provincial en cadete feminino, infantil masculino, benxamín masculino e benxamín feminino.

En alevín masculino e en benxamín masculino e feminino os equipos do Adas contaban tamén con presenza de atletas triveses.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close