PolíticaÚltima hora

A oposición da Deputación pide aclarar as irregularidades no bombeo de auga entre o Miño e Cenlle, Punxín e San Amaro

Mediante unha moción presentada no Rexistro da Deputación solicitarán unha comisión de investigación co obxectivo de “reclamar transparencia a Baltar ante os indicios de sobrecustes”
Ramiro Rodríguez, Francisco Fraga e Armando Ojea. // Foto: Carlos Asensio.

A oposición da Deputación (PSdeG-PSOE, BNG e Democracia Ourensana) presentaron hoxe, 5 de outubro, unha moción en bloque para “esixir transparencia”, dixo o representante socialista, Francisco Fraga, para “aclarar os sobrecustes e presuntas irregularidades detectadas no sistemas de bombeo de auga entre o Miño e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro”, dixo Fraga, que non poden consumir auga dos mananciais por estares intoxicada con arsénico.

Esta solicitude conxunta “esixe unha comisión de investigación” que aclare esas dúbidas sobre este tema, “que incluso o Consello de Contas ten manifestado indicios razoables sobre a existencia de sobrecustos”, dixo Francisco Fraga.

Segundo explicaron, a Deputación ten delegada a asistencia técnica e a xestión do consumo de enerxía eléctrica deste sistema de abastecemento, mediante a sinatura de convenios con estes concellos. Os tres grupos reiteran que a comisión veciñal destes concellos “denuncian que estes sobrecustes repercuten ás arcas municipais” ademais de que “existe unha fuga de auga de 100.000 metros cúbicos ao ano que ninguén sabe onde está”, explicou Francisco Fraga na súa intervención. Todo isto “súmase a outras presuntas irregularidades que a Deputación, até o de agora , non quixo aclarar”, asegurou.

Pola súa banda, o deputado de Democracia Ourensana, Fernando Ojea, aseverou que “segundo os indicios que temos, máis que unha fuga parece ser un consumo industrial encuberto do coñecido balneario de Laias”. A pesar de todo, Ojea reiterou que “son indicios. Non é que esteamos dicindo que sexa así, pero para isto vai ser a comisión”.

Por este motivo, PSdeG-PSOE, Democracia Ourensana e BNG, esixiranlle ao Goberno provincial “máis transparencia”. En concreto Francisco Fraga (PSdeG-PSOE) reclama o seguinte: “en aras da transparencia e obxectividade, botar luz na Deputación porque é a institución que leva a xestión para que non quede sombra de dúbida algunha”.

Finalmente, o deputado do BNG, Ramiro Rodríguez dirixiuse ao presidente da Deputación para asegurar o seguinte: “Ao señor Baltar, que a transparencia da que sempre presume, se vexa en cuestións prácticas como esta”. Reiterou que “a mellor forma de resolver un asunto tan complexo é unha comisión de técnicos e políticos para dar e pedir as explicacións oportunas, e por iso esperamos que o Grupo Popular non teña ningún problema en votar a favor”.

A moción foi presentada no Rexistro da Deputación. // Foto: Carlos Asensio.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close