ConcellosÚltima hora

O’Potiños fotografará ás familias do Carballiño para o proxecto “Pon unha foto na rúa”

José Manuel Dacal e José Luis Diz.

A Asociación Fotográfica O´Potiños, do Carballiño, fotografiará ás familias carballiñesas para conmemorar o Día Internacional do proxecto “Pon unha foto na rúa”. Ese día, a asociación tamén convida a todos os veciños da vila que o desexen a levar unha foto para que sea exposta en taboleiros.

Esta experiencia, que se celebrará o domingo 28 de maio, presentouse hoxe, 18 de maio, no Concello coa presencia do teniente-alcalde José Manuel Dacal e o directivo da asociación O´Potiños, José Luis Diz.

Segundo dixo José Luis Diz, “trátase dun proxecto socio-cultural participativo, onde o importante é a fotografía, vista dende diversas perspectivas: o fotógrafo, como artista; os veciños que aportan as fotos, como comunicadores, e o público, como crítico ou modelo”.

Diz tamén asegurou que, se ben na edición do pasado ano esta experiencia centrárase en facer fotos de estudio en blanco e negro e de xeito individual, nesta ocasión farase preferentemente con familias e en cor.

Os actos darán comezo ás 10:00 horas, instalando un estudio de fotografía baixo os soportais da rúa do Paseo, e para recoller as fotos que traian os veciños para polas en taboleiros. Ao remate da xornada, estas fotografías seranlle devoltas, e as que se realicen ás familias formarán parte dunha mostra que se exhibirá durante os meses de verán.

Tamén existe un foro de debate a través de Internet (“Pon una foto en la Calle”), onde se poden intercambiar ideas e opinións.

Artigos relacionados

Back to top button