EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Óptica Jaled, no Barco de Valdeorras desde 1982

O establecemento, especializado na saúde visual e auditiva, vén de renovar e ampliar as instalacións

 

A profesionalidade e unha atención especializada e personalizada son rasgos que definen a Óptica Jaled, un establecemento centrado na saúde visual e auditiva que abría as portas en 1982 na avenida Conde Fenosa do Barco. Anos despois trasladábase a un novo local no número 6 desa mesma rúa, máis amplo, que permitía mellorar o servizo aos clientes, así como incorporar equipos máis avanzados e mesmo un negocio de ortopedia. Un local que hai apenas unha semana, a piques de rematar o ano 2019 reabría as portas ao público tras unha reforma integral.

 

Óptica Jaled está ubicado no número 6 da Avenida Conde Fenosa do Barco de Valdeorras.

Tiraron paredes e ata o teito, unindo os dous locais (óptica e ortopedia) para lograr un espazo amplo, luminoso e moderno duns 170 metros cadrados. Nel manteñen os servizos de sempre engadindo novos equipos. Á dereita está a sección de gafas graduadas con exposición e atención personalizada; á esquerda unha ampla exposición de gafas de sol; no centro a caixa e atención ao público; e ao fondo as cabinas nas que incorporaron novos aparellos de última xeración para realizar diferentes estudos oculares: optometrías, retinografías (fondo de retina), topografía corneal (ollo seco), tensión ocular, medición das glándulas de meibomio, pupilometrías,…

 

Yusef Khaled na Óptica Jaled.

 

Unha das seccións na que están especializados en Óptica Jaled é a de lentes progresivas, traballando con marcas como Varilux X Series, elixido produto do ano (Gran Premio a Innovación 2019), un sistema que traballan moi poucas casas. Neste apartado incorporaron ademais un Visioffice, unha máquina que estuda o movemento da mirada para conseguir unha lente progresiva aínda máis personalizada. Con respecto ás lentes de contacto traballan con diferentes casas.

Ademais de lentes de contacto, gafas de sol e graduadas de primeiras marcas (Ray-Ban, Carolina Herrera, Guess,… ) e adaptadas ao cliente, neste establecemento tamén se presta especial atención á saúde auditiva cun gabinete insonorizado para facer probas de audición e medir hipoacusias.

Jaled tamén ten unha óptica na Rúa (Progreso, 68).

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button