ConcellosÚltima hora

Optimización enerxética na piscina climatizada do Barco

O Concello instalará unha caldeira de biomasa entre os meses de setembro e outubro
Vaso da piscina climatizada do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella
Vaso da piscina climatizada do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella

Co obxectivo de conseguir unha maior optimización enerxética nas dedendencias públicas, o Concello do Barco anunciaba na tarde do 5 de agosto, a instalación dunha caldeira de biomasa na piscina municipal climatizada, que substituirá á de gas cidade.

As obras de instalación realizaranse entre os meses de setembro e outubro e “levarase a cabo de maneira que a substitución dunha caldeira por outra, interfira o menos posible no funcionamento ordinario da piscina” explican dende o Concello.

O investimento calculado para a obra é de cerca de 78.000 euros, dos cales o 80% será financiado con cargo a unha subvención aprobada polo Agader, “que contará con fondos procedentes dos programas Feader (44.217,60 euros), Magrama (7.151,46 euro) e Agader (7.587,74 euros)” puntualizan dende o concello barquense que aportará preto de 19.000 euros.

Da cantidade presupostada, preto de 50.000 euros corresponde ao custe do equipo térmico que constará de catro caldeiras de biomasa en cascada (tipo caldeira de pellet), cunha potencia de 224 Kw, que alimentarán aos servizos de ACS, calefacción e climatización do vaso da piscina. O sistema de calefacción está composto por diferentes circuítos térmicos alimentados coas súas correspondentes bombas de circulación.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button