Concellos

Orde de axudas para o desenvolvemento sustentable dos parques naturais

Dos seis existentes en Galicia, catro están na provincia de Ourense
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A Consellería de Medio Ambiente vén de convocar as axudas para os anos 2012, 2014 e 2015 “en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos galegos declarados parques naturais”.

As bases publicábanse o 30 de agosto no DOG e nelas sinálase que poderán ser obxecto desta convocatoria as accións encamiñadas á mellora da paisaxe agraria e desenvolvemento de usos recreativos, a recuperación dos elementos históricos, patrimoniais e culturais e a preservación de hábitats e ecosistemas. Galicia conta con seis parques naturais, dos cales tres son ourensáns: Serra da Enciña da Lastra (Rubiá), O Invernadeiro (Vilariño de Conso) e a Baixa Limia-Serra do Xurés.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas que vivan ou sexan propietarias de terreos nalgunha das parroquias incluídas nos parques, titulares, propietarios ou arrendatarios de explotacións agrarias e gandeiras situadas neles; as comunidades de montes; os concellos; as asociacións ou as empresas instaladas neses espazos naturais.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button