CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés remata a súa xira por Praga

“Ten sido unha experiencia fantástica”. Así se resume dende a directiva do Orfeón Valdeorrés a viaxe que veñen de realizar a primeiros de agosto por Praga. Nela participaban en dous concertos. Así o día 4 cantaban na igrexa de San Nicolás e o día 5 na igrexa de San Martín na Muralla.

Compartían ademais escenario con coros de Lituania, Letonia, Latvia, Polonia, Hungría Moldavia, Suiza e Israel. O Orfeón Valdeorrés ao rematar recibía numerosas felicitacións, tanto por parte dos coros participantes como do público asistente, que era numeroso.

Ao finalizar o concerto todos os coros interpretaban conxuntamente catro pezas: “Kacena Divoká” (Leos Janacek) en checo, “What a wonderful world”, “Hallelujah” e “Siyahamba”, na que o director do Orfeón Valdeorrés, José Ramón Mansilla Álvarez, dirixía a todos os coros.

Fotos cedidas polo Orfeón Valdeorrés.

Artigos relacionados

Back to top button