SanidadeÚltima hora

O oriente ourensán continúa concentrándose contra a desaparición da área sanitaria de Valdeorras

“Ata que non retiren o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde seguiremos mobilizándonos e pedimos a participación da xente”. Era unha das mensaxes que lanzaba unha das integrantes da Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) ao termo da concentración que, un mércores máis (e van xa tres), tiña lugar diante deste centro sanitario para pedir a retirada do anteproxecto de reforma da citada lei que contempla a desaparición da área sanitaria de Valdeorras.

Varios centos de persoas de diferentes puntos do oriente ourensán (O Barco, A Rúa, Vilamartín, Rubiá ou Manzaneda, entre outros concellos) participaban neste acto reivindicativo no que tamén se anunciaba a celebración dunha manifestación o vindeiro 30 de setembro no Barco.

Ademais de no HCV, tamén tiñan lugar concentracións por este mesmo motivo diante dos centros de saúde de diferentes puntos da área sanitaria como é o caso dos da Rúa, Trives ou Viana do Bolo.

 

Concentración en defensa da área sanitaria diante do Centro de Saúde da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button