Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

O oriente ourensán segue mobilizándose en defensa da súa área sanitaria

No mediodía do 27 de setembro tiñan lugar novas concentracións diante do Hospital Comarcal Valdeorras no Barco e dos centros de saúde desta zona da provincia

A tres días vista da manifestación que percorrerá o centro do Barco na defensa da área sanitaria de Valdeorras, no mediodía do mércores 27 de setembro volvían a realizarse concentracións diante do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) e dalgúns centros de saúde do oriente ourensán, como é o caso do da Rúa, pedindo a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia.

No caso da concentración realizada no hospital do Barco, o voceiro da Plataforma Sanitaria de Valdeorras, Orlando Saavedra, lembraba que son xa dous meses os que se leva manifestando na rúa a postura contraria á reforma da lei, que suporía a desaparición da área de saúde do Barco. Tamén explicaba que estas mobilizacións non son algo caprichoso, senón que responden a un “sentimento de protexer un dereito que teñen todos os cidadáns de ter unha sanidade de primeira”. Nese senso explicaba que a reforma da lei non é un simple cambio normativo, senón que entrañaba unha modificación na estrutura sanitaria que “abre o camiño para que se vaian perdendo servizos no hospital”. Asemade expresaba a preocupación da plataforma polo futuro da Atención Primaria.

Convocaba a participar na manifestación que o vindeiro 30 de setembro percorrerá o centro do Barco ás 19h. para pedir a retirada do anteproxecto e unha “lei de consenso”.

Nesta galería poden verse imaxes das concentracións diante do Centro de Saúde da Rúa (primeira foto) e do HCV.

 

Cartel da convocatoria da manfestación.

 

Artigos relacionados

Back to top button