CulturaCulturaEntroido 2021Última hora

Orixinais disfraces nun insólito Martes de Entroido en Xinzo

 

Dende o Colgamento do Meco ata o Domingo de Piñata, o Entroido de Xinzo vibra durante cinco domingos aínda que os días grandes da festa nesta localidade ourensá que ten na Pantalla o seu símbolo entroidero, comezan o Xoves de Comadres e rematan o Mércores de Cinza.

Nun ano normal, hoxe, Martes de Entroido, as rúas de Xinzo estarían a reventar de xente disfrazada, de Pantallas brincando e de música, moita música. Pero este non é un ano normal. A pandemia encargouse de estragar unha das festas máis esperadas do ano e malia que pola mañá pudo verse algunha Pantalla pola vila, a imaxe non tiña nada que ver coa doutros anos.

 

 

Tampouco pola tarde, cando unicamente algúns veciños se animaban a saír á rúa disfrazados. Iso si, a orixinalidade non ten límites e entre os que saían á praza destacaba unha gran orca que daba voltas intentando coller a un pequeniño barco. Sen dúbida, a atracción do día. E a falta de desfile, houbo quen se dedicaba a aplaudir aos coches que pasaban pola rúa. Outra forma de pasar o rato.

O que non faltaba era a presenza das forzas de seguridade (Garda Civil, Policía Local e Autonómica), velando polo cumprimento das medidas de seguridade impostas por Sanidade.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button