CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Orixinal belén feito con utensilios de cociña e “Operación Kilo” no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Cada ano ao chegar o Nadal o colexio Pablo VI Fátima da Rúa sorprende cun orixinal belén artesanal e este ano non é unha excepción. Así, o centro loce na entrada o seupeculiar nacemento feito con utensilios de cociña (dende blondas de madalenas, palliñas ou pratos e cubertos de plástico e cartón, ata estropaxos, bolsas de plástico,…) todo minuciosamente tratado, no que colaboraron dende os alumnos de Intantil ata os de Secundaria.

Neste peculiar belén elaborado integramente a man e coordinado polos profesores de plástica, Cristina e Gustavo, cada curso fixo unha parte. Uns encargáronse das figuras centrais do belén, outros dos reis, outros dos pastores, outros de pintar, de recurtar, e outros dos animais, dende os polos ata os porquiños, entre outras moitas figuras. Concretamente os nenos de Primeiro que aparecen na galería de imaxes, fixeron as vacas.

 

 

A profesora de plástica, explica que sempre buscan ideas nas que poidan traballar os máis pequenos e que esa ocorréuselle en casa, aínda que cada vez teñen máis complicado ser orixinais. E que ao longo dos anos teñen despregado todo un abano de beléns a cada cal máis peculiar, utilizando materiais reciclados, palillos, material escolar, origami, pasta,…

Operación Kilo

Xunto á colocación do belén, o centro escolar organiza cada ano a Operación Kilo que sempre conta con moitas aportacións, non só dos alumnos e das súas familias senon de empresas. Entre os alimentos doados, sempre non perecedoiros, hai leite, legumes, alimentos infantís, pasta, azucre, arroz, aceite,… que serán repartidos entre os máis necesitados.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button