CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Orixinal Cabalgata de Reis en Petín

Melchor, Gaspar e Baltasar chegaban á Casa da Cultura en tres carros tirados por bois

 

Dun xeito moi orixinal chegaban este ano os Reis Magos a Petín. En tres carros, tirados por tres pares de bois (con Mario e a súa familia á fronte) chegaban Melchor, Gaspar e Baltasar á praza onde os esperaba unha multitude.

Precedidos polos nenos que máis tarde formaría parte do Belén Vivinte (San Xosé, a Virxe María, os pastorciños,…), as Súas Maxestades descendían dos seus especiais medios de transporte para dirixirse á Casa da Cultura para escoitar as peticións dos cativos e compartir unha animada festa coa que pechar o tempo de Nadal.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close