En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un orixinal obradoiro sobre reanimación cardiopulmonar, no CEIP Julio Gurriarán do Barco

Eva Matías e Luís Ocampo, médicos do Sergas neste municipio, impartían o 6 de marzo esta actividade lúdica e formativa para alumnos de 3 anos anos

Os alumnos máis novos do CEIP Julio Gurriarán do Barco aprendían cantando e xogando cun peluche propio os pasos a seguir para facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP), para saber como actuar ante un atragantamento ou para previr accidentes. Os nenos de 3 anos do centro asistían o 6 de marzo a un orixinal obradoiro sobre saúde impartido por dous médicos do Sergas, Eva Matías e Luís Ocampo, que ademais son pais dun alumno do centro.

“Resultou unha actividade lúdica moi interesante e vistosa. Nela aprenderon cales son as medidas que deben tomar en caso de accidente ou enfermidade grave dun compañeiro ou persoa maior. Loxicamente, todo isto explicóuselles adaptado á súa idade e dentro das súas posibilidades. Cantaron unha canción para aprender os pasos a seguir e cada un dos alumnos trouxo da casa un peluche para facer as súa prácticas. Dende o colexio agradecemos a Eva e Luís o seu tempo e o seu traballo… bos nenos e nenas quedaron encantados!”, aseguran dende o CEIP Julio Gurriarán.

Fotos: CEIP Julio Gurriarán
Video sobre a actividade:
https://www.facebook.com/ceipjuliogurriaran/videos/588347448170833/

Artigos relacionados

Back to top button