A localidade barquense celebra mañá, sábado 28 de xaneiro, a festa na honra a Santo Tirso
Vales é outro dos pobos do Barco de Valdeorras que mañá sábado 28 de xaneiro celebrará as festas na honra a Santo Tirso. Pola mañá haberá procesión coa imaxe do santo e misa, así como sesión vermú amenizada pola orquestra D’Momento que tamén actuará en sesión de tarde e verbena.
No descanso do baile na sesión de tarde, no campo da festa farase o sorteo de lotes de produtos variados, no que participarán os posuidores das rifas vendidas pola comisión de festas.