ConcellosÚltima hora

A orquestra Panorama regresa a Córgomo o 12 de maio

A 5ª Festa da Xuventude contará asemade coa actuación da orquestra Marbella
A orquestra Panorama na anterior actuación en Córgomo. /Foto: Carlos G. Hervella.

Panorama e Marbella, dúas das orquestras de referencia nas verbenas galegas, subiranse ao escenario da 5ª Festa da Xuventude de Córgomo (Vilmartín de Valdeorras), para facer bailar e desfrutar á mocidade o vindeiro venres 12 de maio a partires das once da noite.

Baixo o lema “Córgomo Móvese” esta iniciativa nacía hai cinco anos da man dun grupo de xoves da localidade valdeorresa, reunindo en cada edición a centos de persoas. Este ano o colectivo súmase tamén ao proxecto reivindicativo dun Día das Letras Galegas para o poeta Florencio Delgado Gurriarán.

 

Artigos relacionados

Back to top button