EconomíaEconomíaÚltima hora

Os 1.000 euros da campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA xa teñen donos

Ambas entidades veñen de facer públicos os nomes dos afortunados, tras o sorteo realizado o 17 de xaneiro ante notario
Elementos de adorno da campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA nun establecemento./ Foto: A.R.

É o broche a campaña de Nadal promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Co sorteo dos 1.000 euros en vales de compra para investir nos establecementos participantes na campaña completábanse este 17 de xaneiro as actividades do programa.

En concreto sorteábanse ante notario 1 talón de 500 euros e 5 talóns de 100 euros. Tamén se sorteaban 12 estoxos con viños da Denominación de Orixe Valdeorras, doados pola Ruta do Viño de Valdeorras.

A listaxe dos premiados é a seguinte:

 

Artigos relacionados

Back to top button