En portadaÚltima hora

Os 1.900 anos da Ponte Bibei, no número de agosto de O Sil

A esta efeméride, que o Concello de Trives celebrará proximamente, está adicado o tema de portada deste número, á venda en quioscos e librarías
Portada do número de agosto do Periódico O Sil.

A Ponte Bibei, levantada no termo municipal da Pobra de Trives para salvar o curso do río que lle dá nome e que continúa aberta ao tráfico rodado, está considerada unha das pontes romanas mellor conservadas da península, así como un referente arqueolóxico, construtivo, histórico e artístico. Descoñécese con exactitude a súa cronoloxía, pero a data que os expertos consideran máis acertada sitúase entre os anos 114-119 d.C. Tomando esta última data como referencia o Concello de Trives está a preparar unha celebración moi especial polos seus 1.900 anos co fin de amosar e proxectar o valor deste singular monumento.

 

Imaxe diurna da Ponte Bibei. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A esta efeméride está adicado o tema de portada do número de agosto do Periódico O Sil que xa está á venda en quioscos e librarías, e que inclúe ademais outros temas de interese cultural, turístico e económico, así como unha entrevista sobre dereito internacional a José Luis López Cerviño, un arxentino de orixe barquense, que é decano da Facultade de Dereito e Ciencias Sociais da Universidade Católica de Cuyo en San Xoán (Arxentina).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button