CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os 25 anos do Eixo Atlántico, nunha mostra instalada na praza do Concello do Barco

Poderá visitarse ata o 23 de outubro e nela percórrense as tres etapas de desenvolvemento desta entidade transfronteiriza, así como diversas iniciativas impulsadas en materia cultural e deportiva

No ano 1992 nacía o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Dende entón ata hoxe a súa evolución ten sido continúa, ligada tamén á desta zona xeográfica europea en cuxo desenvolvemento transfronteirizo se centran os seus esforzos.

Para lembrar os inicios e o desenvolvemento desta entidade preparábase unha exposición de carácter itinerante que reúne e explica a súa historia. Tras a súa inauguración en Lugo o pasado 15 de febreiro, e ten pasado xa por cidades lusas como Bragança, Viana do Castelo ou Guimarães, e por outras galegas como Monforte de Lemos.

Dende o 5 de outubro e ata o 23 de novembro esta mostra poderá visitarse na praza do Concello do Barco. Inaugurábase na tarde do 5 de outubro coa asistencia dos membros da Corporación barquense. “Inténtase reproducir a historia destes 25 anos de Eixo Atlántico, un proxecto que naceu coa vontade de unir cidades galegas e do norte de Portugal. Detrás del hai moito traballo e ese obxectivo de coñecemento mutuo penso que se ten conseguido”, sinalaba o alcalde do Barco e vicepresidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, na apertura da mostra.

A exposición está formada por 36 lonas articuladas en forma de cubos, a través das que se viaxa polo devalar do Eixo, as súas diferentes etapas, así como polos seus fitos de cooperación transfronteiriza e pola súa vertebración do sistema urbano. Tamén se fai referencia a iniciativas de carácter cultural como a Bienal de Pintura do Eixo Atlántico ou aos Xogos que organiza esta entidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button