DeportesÚltima hora

Os 8 mellores equipos de hóckey sala de España daranse cita esta fin de semana en Ourense

O Club Hockey Barrocás organiza o LXIV campionato de España xuvenil que se celebrará do 9 ao 11 de febreiro
O equipo xuvenil do Club Hockey Barrocás.

O anexo do Pavillón dos Remedios de Ourense acollerá esta fin de semana o LXIV campionato de España xuvenil de hóckey sala, organizado polo Club Hockey Barrocás.

A presentación do evento deportivo que se desenvolverá do 9 ao 11 de febreiro, tiña lugar na mañá do 6 de febreiro no Concello de Ourense, contando coa presenza do alcalde Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes Mario Guede, o asesor deportivo da Deputación Bernardino González, o presidente da Federación Galega de Hockey Antonio Piñeiro e do presidente de CH Barrocás Jaime Amorin.

 

Presentación do campionato, en Ourense.

Tal como explicaron na presentación, ao longo da fin de semana pasarán pola cidade das Burgas os 8 mellores equipos de España, en categoría xuvenil. “Un cento de rapaces de entre 16 e 18 anos que no futuro inmediato serán parte da Selección Sub 21 e mesmo da Selección Absoluta”, dixo o alcalde. Entre os participantes, catro clubs de Terrassa (Club Deportivo, Egara e Atlétic), ademais do júnior do FC Barcelona. Tamén haberá dous de Madrid (Complutense e Club de Campo), o RS.Tenis de Santander e o Club Hocquey Barrocás de Ourense, que pecha o cadro como anfitrión.

O primeiro partido, entre C.D. Terrassa e SPV Complutense, comezará ás 11h. do venres e a final do campionato está prevista para o domingo a mediodía.

 

Horarios dos partidos.

Artigos relacionados

Back to top button