OurenseÚltima hora

Os actos vandálicos en Ourense custan ás arcas municipais máis de 150.000 euros ao ano

O alcalde fai un chamamento ao “civismo” dende o estudo do artista que restaura a escultura da vaca da praza de Paz Nóvoa, afectada por estes comportamentos
A escultura regresará á praza Paz Nóvoa o venres 21.
A escultura regresará á praza Paz Nóvoa o venres 21.

Máis de 150.000 euros ao ano. Ese é o desgaste económico que sofren as arcas municipais en Ourense por mor dos actos vandálicos e incívicos que ocasionan destrozos e roubos no patrimonio da cidade. Proba disto é a escultura da vaca que estaba instalada na praza de Paz Nóvoa dende o pasado 19 de febreiro, que tivo que ser retirada temporalmente para someterse a un traballo de restauración tras ter sido afectada por estes comportamentos. O alcalde ourensán, Jesús Vázquez, achegouse na mañá do luns 17 de outubro até o estudio do artista que a está arranxando, o seu propio autor, Leandro Sánchez, para comprobar o estado da reparación, que xa encara a súa recta final. Dende alí, Vázquez fixo un chamamento ao “civismo” e ao respeto ao patrimonio municipal.

“Debemos tomar conciencia de que Ourense somos todos, e todos debemos velar polo ben común”, asegurou o rexedor, e animou a todos os que vexan “ataques ao patrimonio municipal” a poñelo en coñecemento da Policía Local de inmediato. No caso da vaca de Paz Nóvoa, que fora cedida á cidade pola Fundación Cum Laude, voltará ao seu emprazamento o vindeiro venres 21, a partires das 10h. Os operarios da Concellería de Infraestruturas serán os encargados de devolvela ao seu lugar.

Artigos relacionados

Back to top button