AutomobilismoDeportesÚltima hora

Os afeccionados retan á calor no 54 Rallye de Ourense

 

Hai dúas cousas que caracterizan ao Rallye de Ourense: a calor e o público. E as dúas dábanse novamente nesta 54 edición da quinta proba do Supercampionato de España de Rallyes que se celebraba esta fin de semana en dúas etapas.

 

Afeccionados de Valdeorras seguindo o rallye.

 

Con temperaturas rondando os 40º, especialmente na xornada de hoxe, o público non defraudou e malia as restricións sanitarias, tendo que usar as mascarillas, os cinco tramos desta edición (Amoeiro e O Carballiño, onte e A Peroxa, Toén e Allariz) enchíanse de afeccionados buscando o mellor sitio (a poder ser á sombra) para ver aos pilotos.

 

Público no tramo de Toén.

 

Coma sempre asistiu xente de diferentes partes de Galicia, incluíndo, como non, Valdeorras, con numerosos seguidores pendentes da carreira. Tamén había xente doutros puntos de España, moitos de Asturias e localidades limítrofes coa provincia de Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos: https://osil.info/o-cohete-asturiano-conquista-por-fin-o-rallye-de-ourense/

Artigos relacionados

Back to top button