ConcellosÚltima hora

Os aforos da hostalaría ampliaranse en Galicia

"Estas medidas tratan de promover e fomentar o uso dos ámbitos exteriores", di o conselleiro de Sanidade

Imaxe da reunión desta mañá do comité clínico.

 

“Temos unha baixada da incidencia acumulada en todas as áreas sanitarias, pero non acabamos de ver esa baixada tan ansiada nos ingresos en UCI”. Así iniciaba o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a rolda de prensa que ofrecía no mediodía deste martes para dar conta dos acordos tomados na reunión de hoxe do Comité Clínico. “O dato máis negativo”, destacaba, “son os falecementos, non podemos baixar a garda con estes datos, non podemos confiarnos, coidado coa falsa sensación de seguridade das persoas vacinadas”.

Ademais, anunciaba unha serie de cambios nos aforos que ata o de agora tiña a hostalaría, “trátase de promover e fmentar o uso dos ámbitos exteriores”, dicía o conselleiro. Os novos aforos serán os seguintes:

– Concellos en nivel máximo: interior permacerá pechado e o aforro das terrazas será do 50%
– Concello en nivel alto: o aforo no interior será do 30% e nas terrazas pasará ao 75%
– Concello de nivel medio: o aforo no interior será do 50% e nas pasará terrazas ao 100%
– Concelos de nivel medio-baixo: o aforo interior será do 75% e nas terrazas ao 100%

Tamén se modifican os aforos no caso do ocio nocturno nocturno:

– Nivel máximo: interior pechado, terrazas ao 75%
– Nivel alto: interior pechado terrazas ao 75%
– Nivel medio: interior 50%, terrazas ao 75%
– Nivel medio-baixo: interior 50%, terrazas ao 100%

Ademais nas reunións mantense o límite de 6 persoas no interior e de 10 no exterior.

Artigos relacionados

Back to top button