OurenseÚltima hora

Os albergues municipais de Ourense e os voluntarios que loitan contra a propagación do coronavirus reciben material doado por empresas e particulares

 

Na mañá deste venres 27 de marzo, o Concello de Ourense comezaba a repartir o material que están doando diferentes empresas privadas da cidade entre os albergues municipais e os voluntarios que loitan contra a expansión do coronavirus.

Así, a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, e o tenente de alcalde, Jorge Pumar, repartiron no Fogar do Transeúnte e no albergue de peregrinos a bebida que doou a empresa Coca Cola. A bebida tamén foi levada á delegación de Cáritas en Ourense, para os colectivos máis desfavorecidos, e repartida entre os voluntarios que colaboran con Protección Civil e o corpo de bombeiros.

As doazóns chegan desde diferentes empresas, pero tamén de particulares que, a través do grupo de voluntarios de La Molinera, están poñendo á disposición do Concello as súas impresoras 3D para a fabricación de equipos de protección individual (epi).

Artigos relacionados

Back to top button