ConcellosÚltima hora

Os alcaldes de Trasmiras e Montederramo reúnense coa conselleira de Medio Rural

Abordaron cuestións relativas ás concentracións parcelarias e coa gandaría
O alcalde de Transmiras, Emilio José Pazos, coa conselleira, esta mañá.
O alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, coa conselleira, esta mañá.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu durante a xornada de hoxe aos alcaldes dos concellos ourensáns de Trasmiras e Montederramo no seu despacho en San Caetano (Santiago de Compostela).

Por unha banda, o rexedor de Transmiras, Emilio José Pazos, transmitiulle á conselleira as inquedanzas do concello relativas ás concentracións parcelarias. Vázquez aproveitou o encontro para explicarlle como vai o proceso e tomou nota das demandas.

O alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, preguntou á conselleira pola parcelaria.
O alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, preguntou á conselleira pola parcelaria.

No caso do alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, a reunión con Vázquez tamén xirou en torno aos procesos das concentracións parcelarias, aínda que tamén se debateron outros temas relacionados coa gandaría.

Artigos relacionados

Back to top button