A Ceritizit Challenge by La Vuelta 2021 está a piques de rematar. Será mañá coa cuarta e última etapa son saídas nas Pontes e meta en Santiago de Compostela (107,4 quilómetros sen portos de montaña), pero na mañá deste sábado 4 de setembro, disputábase a terceira etapa, a última por terras ourensás.
Con saída de novo na Estación de Montaña Manzaneda, eran os alcaldes de Trives e Manzaneda, Patricia Domínguez e Amable Fernández, quenes daban o pistoletazo de saída á carreira ciclista feminina, cortando a cinta. Arrincaba así este fermoso percorrido de 107,9 quilómetros de media montaña que volveu pasar polo centro da vila de Trives ata o concello do Pereiro de Aguiar, onde o seu alcalde e o presidente da Deputación de Ourense entregaban o premio á gañadora do día.
A ciclista neerlandesa do Movistar Team, Annemiek Van Vleuten, conseguía a súa segunda vitoria parcial na ronda española tras resolver en solitario unha longa fuga. Marlen Reusser mantivo a camisola verde de líder da clasificación por puntos.
Fotos: La Vuelta.