En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os alcaldes do Barco e Monforte dan conta da reunión mantida en Fomento na comisión da seguemento da A-76

Neste encontro, celebrado en Monforte de Lemos, fixábase xa data para unha nova xuntanza en marzo en Ponferrada

Unha licitación efectiva no 2019 dun dos tramos da autovía A-76 (Ourense-Ponferrada). Era o compromiso que obtiñan do Ministerio de Fomento os alcaldes do Barco, Alfredo García, e de Monforte, José Tomé, na reunión que mantiñan o 12 de decembro en Madrid co secretario xeral de Infraestruturas, José Javier Izquierdo Roncero, e con dous subdirectores xerais. E así llo transmitían os rexedores aos membros da comisión de seguemento da A-76 que se celebraba na reunión que se celebraba na tarde do 13 de decembro no Concello de Monforte.

“O tramo que está máis avanzado é o do Barco-A Veiga de Cascallá, xa está feito o proxecto de obra e agora está en proceso de avaliación, pasando unha auditoría necesaria. Dende o Ministerio de Fomento hai unha vontade clara de que se licite e de iniciar a primeira contratación para evitar ademais dese xeito que o estudo da autovía poida prescribir”, sinalaba o alcalde de Monforte, que exercía como voceiro da comisión na rolda de prensa celebrada tras a reunión.

No encontro mantido en Madrid tamén se analizaba a situación de cada un dos tramos da autovía e dende o Fomento indicabáselles aos alcaldes que a primeiros do vindeiro ano 2019 se lles daría información detallada en canto a datos de licitación. Tendo en conta isto, a comisión acordaba fixar unha nova xuntanza para 14 de marzo en Ponferrada co fin de analizar a información que se achegue dende o ministerio.

Outro dos asuntos abordados na reunión dos alcaldes con Fomento era o do corredor atlántico, que era aprobado o 12 de decembro no Parlamento Europeo. “O goberno está elaborando un plan director que vai recoller actuacións de mellora da liña en diversos tramos. Ao longo da primavera Fomento presentará ese plan para que no 2020-2021 poida optar a fondos europeos”, aseguraba o alcalde de Monforte.

Nesta reunión participaban empresarios das comarcas de Lemos, Valdeorras, ademais dos alcaldes de Monforte e  do Barco de Valdeorras, e do tenente de alcalde de Ponferrada, Roberto Mendo. Os asistentes destacaban a unidade e o consenso que se vén mantendo nestas reunións xa que “estamos unidos por un interese común”.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Concello de Monforte.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close