DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os alevíns do C.D. Rúa abren a liga cunha derrota no campo do Aguillón

1-7 perdían ante E.D. Ourense B na tarde do 6 de outubro

Son aínda moi pequenos pero xogan como verdadeiros adultos. Aínda así, os alevíns do C.D. Rúa non estiveron acertados na tarde do 6 de outubro. No campo de fútbol do Aguillón disputábase a primeira xornada da liga no grupo 41 de segunda e os locais pouco puderon facer ante o rival, o E.D. Ourense B, máis centrado no xogo e acertado de cara á portería, levándose os tres primeiros puntos.

Xa na primeira parte do encontro os ourensáns marcaban tres goles, fronte ao único dos rueses e na segunda, sentenciaban o partido con outros catro. Ao final 1-7 no marcador e primeira derrota para os amarelos que xogarán o seguinte partido en Ourense contra A.D. Bosco B.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button