CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Os alumnos de 1º A de Primaria do CEIP Condesa de Fenosa do Barco envían unha mensaxe de agradecemento á súa profesora

Rosa Varela Gómez mantén o contacto cos cativos durante o confinamento

 

Cambiar de ciclo escolar sempre é duro. Especialmente ao pasar dunha etapa inicial na que practicamente só se xoga como é a de Infantil, a outra na que xa se empezan a tratar temas máis complexos como é Primaria, aínda que sexa con seis aniños. Nese paso os profesores xogan un papel fundamental e Rosa Varela Gómez, profesora de 1º A de Infantil no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, fixo que o dos seus alumnos fose moi doado.

Por iso os nenos a botan tanto de menos neste período de confinamento, decidindo enviarlle unha mensaxe de ánimo e sobre todo de agradecemento, en forma de vídeo. Danlle as grazas pola súa “comprensión e esforzo”, pola súa “infinita paciencia e cariño” e sobre todo por “ser como eres”, desexando volver a vela pronto “a rir, a xogar e a aprender de ti”. Nel, ao ritmo dunha bachata sobre o coronavirus, cada un dos alumnos de Rosa aparece amosando un debuxo feito para ela con toda o seu cariño.

Vídeo cedido

Artigos relacionados

Back to top button