Os alumnos de 3º da ESO do IES Lauro Olmo do Barco recollen o seu premio na final galega do Rally Matemático

Este equipo, xunto aos outros catro galegos que ganaron no resto dos cursos, asistirán en maio á final internacional de Toulouse

A Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de acoller este venres a entrega dos premios da final galega do VII Rally Científico Matemático, que organiza a Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, xunto a Consellería de Cultura e Turismo.

Os gañadores desta final galega resultaron se, en primeiro da ESO, o CPR Abrente de Portonovo (Pontevedra); en segundo da ESO, o IES Rosalía de Castro de Santiago, e en terceiro o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. En cuarto da ESO había dúas modalidades, a de matemáticas (común ao resto dos niveis) e a de ciencias. Na de matemáticas, o vencedor foi o CPR Sagrado Corazón de Placeres de Pontevedra. Na modalidade de ciencias impúxose o Colexio As Acacias de Vigo.

Estes cinco equipos ganadores asistirán en maio á final internacional de Toulouse, cuxo Rallye mathématique sans frontières ten máis de 25 anos de traxectoria e onde os estudantes galegos adoitan obter excelentes resultados.

Neste acto participaba o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como Pedro Rodríguez Dafonte, vicedecano da Facultade de Química; Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, e Inés Ben González, secretaria da mesma institución.

O Rally Científico Matemático organizado por Igaciencia é unha das probas científicas para alumnado da ESO de maior participación en Galicia. Na súa sétima edición interviñeron 1016 alumnos adestrados e apoiados por 200 docentes, dos que só 120, pertencentes a 15 centros educativos e acompañados de 30 profesores e profesoras, chegaron á final galega celebrada hoxe.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies