CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os alumnos de acordeón do Concello de Manzaneda regresan ás aulas

Ás clases, impartidas por Manuel Olegario, asisten unha quincena de persoas

Dous alumnos de acordeón mirando a partitura. /Foto cedida.

 

Da man do acordeonista Manuel Olegario, mestre dende hai anos na Escola de Baile e Música Tradicional Abertal, a principios deste ano 2020 daban comezo as clases de acordeón no Concello de Manzaneda, ás que asistían emocionados unha ducia de alumnos. Dous meses despois a pandemia do Covid obrigábaos a parar e quedar na casa.

 

Unha das alumnas co acordeón. /Foto cedida.

 

Malia esta circunstancia, alumnos e profesor continuaron como puderon con clases por Whatsapp ata que no mes de setembro, e con todas as medidas e protocolos (mascarillas, distancia social e aforo) volvían ás aulas nas instalacións do CEIP de Manzaneda. Así cada sábado de 11 a 13 horas coa colaboración do Concello, “a ilusión dun neno e coa máscara posta, acudimos a clases, collemos o instrumento aprendendo pasiño a pasiño cun ambiente moi acolledor”, explican os propios alumnos, que neste momento rondan a quincena “todos adultos, de diferentes idades e diferentes niveis”, puntualizan. E durante 2 horas “que pasan ben rápido”, aseguran, seguen as instruccións de Manuel “ese profesor cheo de paciencia que vai correxindo os nosos erros manténdonos ben atentos e pouco a pouco as notas van soando unidas formando a melodía”.

O primeiro obxectivo para o profesor, tal como el mesmo explica é “compoñer un vals para este grupo en breve e para este curso un repertorio mínimo para un primeiro concerto”. E niso están.

 

Outra das alumnas de acordeón en Manzaneda. /Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button