CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os alumnos de saxofón do Conservatorio C. Halfter de Ponferrada actúan no Barco

Este concerto enmárcase nun intercambio entre esta aula e a do Conservatorio e Escola de Música do Barco
Cartaz do concerto.
Cartaz do concerto.

O vindeiro 21 de abril os alumnos da aula de saxofón do Conservatorio Cristobal Halfter de Ponferrada ofrecerán un concerto-audición ás 18:30h. no Teatro Lauro Olmo do Barco. Esta actuación enmárcase nun intercambio entre as aulas de saxofón do Conservatorio de Ponferrada e do Conservatorio e Escola de Música do Barco.

O repertorio incluirá unhas trece pezas entre as que figuran “Fantasía nº2” (G.P. Telemann), “La Locomotora” (A. De la Rosa/J. Librado), “Antifonax” (J.M. Diago), “Bali” (J.D. Michat) ou a “I Suite para cello (preludio)” de Bach. O concerto rematará cun tema conxunto entre os alumnos deste conservatorio ponferradino e os do conservatorio e a escola do Barco. Os saxofonistas barquenses devolveranlles a visita en maio.

Saxofonistas barquenses actuando nun dos concertos da Banda de Música./ Foto: Carlos G. Hervella.
Saxofonistas barquenses actuando nun dos concertos da Banda de Música./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close