Os alumnos do Colexio Pablo VI-Fátima celebran o Día das Letras Inglesas na biblioteca ruesa

Uns 30 escolares de 4º e 5º de Primaria deste centro participaban nesta actividade na que lían libros da súa propia creación en inglés

Por sexto ano consecutivo o alumnado do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa celebra o “English Word” ou Día das Letras Inglesas cunha iniciativa moi especial na que os escolares practican o “reading, writing, espeaking and listening, tanto nas clases de inglés como en calquera outra actividade que se realice dentro e fóra do centro”, explica a súa profesora, Rocío Illesca.

Nesta ocasión esta actividade tiña lugar o martes 4 de xuño e nela un grupo duns 30 nenos de cuarto e quinto de primaria desprazábanse ata a Biblioteca Municipal da Rúa para ler libros da súa propia creación, algo que lle engadiu atractivo e participación á proposta. Relataban historias de ficción e outras cun trasfondo real. “A participación oral foi excelente”, di Rocío Illesca.

A novidade deste ano foi que os rapaces participantes fotografáronse xunto á típica cabina telefónica vermella de Londres e nun photocall dun autobús de dous pisos. “Quixemos traernos Londres á Rúa de Valdeorras, viaxar no tempo aínda que sexa por un rato”, destaca a profesora de inglés, quen ademais amósase “moi contenta por ver os resultados e o entusiasmo por parte dos meus alumnos ao utilizar o inglés como medio de comunicación entre eles”.

Fotos cedidas.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies