OurenseÚltima hora

Os alumnos do IES de Allariz xa contan con ordenadores nas súas casas

O Concello, en colaboración co Instituto, repartiu os equipos informáticos ao alumnado a través de Protección Civil

Os ordenadores no vehículo de Protección Civil.

 

O Concello de Allariz, en colaboración co IES de Allariz, repartiu os equipos informáticos ao alumnado a través de Protección Civil. En colaboración co centro de ensino, que foi o encargado de analizar as necesidades, debido a brecha dixital que existe (non todas as familias dispoñen de ordenadores), traballaron para cubrir as necesidades e poder continuar as clases na casa.

O Concello de Allariz fixo unha compra de dispositivos para cederllos ao centro durante esta tempada, mentres as clases se manteñan a distancia. Ademais, unha empresa doou outros 20 para “intentar dalgunha forma axudar a paliar a situación que se presentaba”, din. Tamén contaron coa colaboración de varias persoas particulares, que se puxeron en contacto co consistorio para achegar os dispositivos que tiñan nas súas casas e non utilizaban. Un informático de Allariz realizou a posta apunto dos dispositivos para adaptalos para o uso de forma altruísta. Ademáis recibíronse máis ofertas, totalmente desinteresadas para facer este traballo por parte de outros profesionais do sector. A todos eles danlle as grazas pola colaboración nestes días.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button