CulturaCulturaÚltima hora

Os alumnos do Obradoiro de Instrumentos da Deputación reciben os seus diplomas

Durante esta actividade construíron violas e un laúde do Pórtico do Paraíso, presente na Catedral de Ourense
Rosendo Fernández na entrega de diplomas no Obradoiro de Instrumentos Musicais.

Os alumnos do Obradoiro-Escola de Instrumentos Musicais da Deputación recibiron hoxe, 5 de febreiro, os seus diplomas do curso impartido por Jesús Reolid, durante o cal construíron violas e un laúde do Pórtico do Paraíso, instrumentos que se utilizarán nas aulas de música medieval que impartirán Roberto Santamarina e Tin Novio. O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, acudiu a esta entrega.

Estas clases están dirixidas a rapaces de idades comprendidas entre os 10 e 14 anos con formación musical, que estean interesados en afondar nesta vertente musical, poderán formalizar a súa inscrición desde hoxe ata o dia 2 de marzo, nas dependencias do Obradoiro-Escola de Instrumentos Musicais da Deputación.

No acto de entrega de diplomas tamén participou o director do Obradoiro-Escola de Instrumentos da Deputación, Manuel Brañas, e o propio Jesús Reolid. O Obradoiro-Escola de Instrumentos da Deputación foi creado no ano 1982 e dirixido desde aquela por Manuel Brañas. Desde o comezo, centrouse na construción de instrumentos tradicionais.

Artigos relacionados

Back to top button