DeportesÚltima hora

Os amantes do asfalto e da terra daranse cita esta fin de semana en Barbadás

A IV edición do RallyMix que se celebrará os días 4 e 5 de novembro, contará con cinco mangas
Presentación do IV RallyMix de Barbadás.

Con máis de 50 inscritos e un cambio de sentido no percorrido con respecto ás anteriores edicións “para un maior espectáculo” se presenta a IV edición do RallyMix de Barbadás, unha proba automobilística que se celebrará esta fin de semana.

A presentación da carreira, puntuable para o campionato galego, tiña lugar na mañá do 2 de novembro no Concello de Barbadás, coa presenza de Elsa Barreiros como representante dos patrocinadores; Iván Corral, presidente de la F.G.A; Adrián Varela, concelleiro de deportes de Barbadás; Bernardino González, asesor de deportes da Deputación; e Juan Carlos Villanueva Fernández, presidente da Escudería Barbadás.

Segundo avanzaron no acto, a carreira comezará o sábado día 4 de novembro coa primeira manga ás 12:30h. A segunda manga comezará ás 15:30h. e a terceira ás 17:30h. O domingo día 5, haberá outras dúas mangas: a primeira ás 10h. e a segunda ás 12h.

Para máxima seguridade, as estradas de entrada a Barbadás terán o acceso restrinxido para os veciños do pobo dende as 00:00h. do sábado ata as 15h. do domingo.

Artigos relacionados

Back to top button