ConcellosÚltima hora

Os amantes de Volkswagen teñen unha cita na xuntanza anual que se celebrará en outubro en Ourense

O OctoVWerfest 2017 terá lugar o 7 de outubro nunha explanada a carón do río, na Valenzá

Da man de VW Bros. Galicia chega un ano máis o OctoVWerfest, o encontro anual de Volkswagen onde “os mellores clásicos únense coas preparacións oldschool e os proxectos de estilo Europeo dos modelos máis recentes da marca”, explican dende a organización, convidando a asistir a todo aquel que desfruta do seu Volkswagen (VW) e quere “pasar un día agradable rodeado de amigos e bo ambiente”.

A cita co motor terá lugar o 7 de outubro na Valenzá (Ourense), nunha ampla zona xunto ao río, onde se exporán os vehículos. Coa colaboración do Concello de Barbadás e a Policía Local, no evento haberá trofeos, novas actividades, sorteos con premios e moitas sorpresas.

Para asistir hai que enviar mediante mensaxe privado unha serie de datos (nome, DNI, vehículo e matrícula, e fotos do coches) a www.facebook.com/vwbrosgalicia. O prazo de inscrición rematará o día 5 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button