CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras revisan a sinalización do Camiño de Inverno

Na mañá do 14 de setembro completaban a etapa entre O Barco e A Rúa

Un grupo de peregrinos, membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras xunto a outros chegados dende diferentes partes de España como Sevilla, están facendo a ruta xacobea do Camiño de Inverno. O motivo, comprobar que a sinalización é correcta ao longo de todo o percorrido.

Seguindo as etapas da guía editada pola propia asociación, o grupo comezaba a peregrinación na mañá do 12 de setembro dende Ponferrada ata As Médulas. Ao día seguinte completaban a etapa entre As Médulas e O Barco (con parada no albergue de Xagoaza) e na mañá do14 de setembro, en plenas Festas do Cristo, facían o tramo entre O Barco de Valdeorras e A Rúa. Alí, no adro da igrexa, tanto o alcalde de Vilamartín, Enrique Barreiro como a presidenta da asociación Asunción Arias, selaban as credenciais aos camiñantes.

Malia que cada vez é maior o número de peregrinos que optan pola ruta que entra en Galicia por Valdeorras para chegar a Compostela, as infraestruturas e os servizos seguen sendo escasos e deficientes. De feito, os propios camiñantes quéixanse de non ter cerca da ruta bares abertos para poder beber ou refrescarse ao remate de cada etapa. “Intentaremos ter unha reunión cos hostaleiros a ver se conseguimos algo porque os camiñantes chegan cedo (oito ou nove da mañá) e está todo cerrado”, asegura a presidenta do colectivo que toma boa nota das demandas e necesidades dos peregrinos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button