ConcellosÚltima hora

Os Anguieiros (Quiroga) celebra a Festa da Madalena con actuacións como a dos rueses Abertal

Será os días 20 e 21 de xullo e está organizada pola Asociación Sociocultural Boca do Monte

Os Anguieiros, unha pequena aldea de Montefurado (concello de Quiroga) celebra os vindeiros días 20 e 21 de xullo a Festa da Madalena. Está organizada pola Asociación Sociocultural Boca do Monte en colaboración cos veciños.

 

Premiados no Campionato de Bolos do ano pasado.

 

O programa festivo comezará mañá día 20, coa “Camiñada da Madalena”, onde percorrerán as aldeas de Casares e de Peites. Así, pola tarde, ás 18:00 horas, haberá xogos infantís, entre os que destacan a carreira de sacos, o tiro de corda, a chave e os bolos celtas. Xa ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela “Os días felices de Benvido Seixas” (Xerais), do autor Eduard Velasco, amigo de Anguieiros. Rematado este acto terá lugar unha merenda popular aberta a veciños e asistentes e sobre as 22:00 horas haberá unha foliada tradicional co grupo quirogués Os Palletas.

O domingo 21, dende as 10:00 horas, terá lugar o VIII Campionato de Bolos Celtas, onde haberá  5 premios para es mellores clasificadas e outros 5 para os mellores clasificados. Serán produtos que poñerán en valor a contorna. Así, as 12:00 horas, entregaranse estes premios e terá lugar a Ruada a cargo do Grupo de Gaitas Abertal. A misa e a procesión serán ás 13:00 horas, seguido dun aperitivo popular de confraternización acompañado de música e o sorteo da rifa da festa cara as 14:00 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button