ConcellosÚltima hora

Os animais, outras vítimas do incendio no Barco de Valdeorras

 

O incendio que se activaba en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) trala tormenta do pasado xoves está causando verdadeiros estragos, no medio natural, en vivendas e tamén cos animais, outras das vítimas desta catástrofe.

Cando parecía que xa estaba controlado, no mediodía deste domingo 17 de xullo o lume reactivábase con forza baixando pola ladeira e afectando a moitos pobos do municipio do Barco de Valdeorras. Un deles é Alixo, localidade que era desaloxada ante a proximidade do lume ás casas, queimando ao seu paso soutos, colmeares e incluso casas.

E de Alixo son tamén estes cans que foron recollidos no patio traseiro do Teatro Lauro Olmo, sedentos e cos ollos chorosos polo fume á espera de que alguén os adopte.

A historia desta familia de cans remóntase uns meses atrás cando a cadela, Lola (que tamén fóra vítima dun abandono) pariu aos seus cachorros. Dende ese momento a idea era atoparlles un fogar, pero hoxe, ante o perigo das chamas o veciño de Alixo que os atendía baixaba con eles como podía ata O Barco, agardando que alguén os queira levar para casa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button