CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Os antigos alumnos das Ermitas (O Bolo) reencóntranse co santuario

A asociación que agrupa aos estudantes que se formaron décadas atrás no Seminario Menor desta localidade vén de celebrar a súa reunión anual

Unhas 35 persoas participaban no encontro anual que a Asociación de Antigos Alumnos das Ermitas (O Bolo), que preside José Vega, celebraba este martes 30 de xullo neste santuario. O encontro comezaba cos preparativos dos cantos que logo se interpretaban na misa, oficiada no templo do santuario, “o mesmo que facíamos cando estudábamos aquí”, comenta o secretario da entidade, Suso Fernández Prieto.

Despois os asistentes compartían un xantar, en cuxo menú non faltaba o pulpo á feira con cachelos nin os embutidos. Esta reunión anual convértese nun espazo para lembrar vivencias compartidas neste centro de ensino valdeorrés. “Xuntámonos todos os anos a finais de xullo para ter unha asemblea. Vémonos con moita ilusión, disfrutamos e recordamos a nosa infancia e mocidade”, engade Suso Fernández.

Fotos: Carlos G. Hervella/ cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close