ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Antigos alumnos do IES de Viana xúntanse para celebrar o 50 aniversario deste centro

Compartían unha cea na noite do 26 de agosto, seguida dun multitudinario guateque na praza maior da vila

Diferentes xeracións de alumnos formados nas aulas do actual IES Carlos Casares de Viana do Bolo reuníanse na noite do 26 de agosto para conmemorar unha data moi especial: o medio século de vida deste centro educativo.

Era unha celebración interxeracional que comezaba cunha cea, tipo bufé, nas piscinas municipais de Viana do Bolo ás nove da noite. A cea, á que acudían unhas 70 persoas, foi servida por Mantesil.

A partires das once da noite, os asistentes, de idades moi diferentes, dirixíanse ata a praza Maior da vila, onde compartían a celebración co resto dos veciños da vila que enchían a praza. Soaba a música de diferentes épocas e a festa continuaba ata ben entrada a madrugada. Este guateque ten sido patrocinado polos bares da praza (Caracas, Lucía, Viana 76, Gran Bazar, Chiricahua) e por Muriasprint.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as dúas últimas cedidas por Cristina Fernández.

Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close