ConcellosÚltima hora

Os apicultores valdeorreses aprenden a combater á velutina no colmear

 

Hai maneiras de evitar que a velutina entre na colmea e a debilite. E así o descubrían os máis de 30 asistentes á acción formativa “Defensa contra a Vespa velutina no colmear”, que se impartía na mañá do sábado 30 de novembro no salón de actos do edificio Santa Lucía de Vilamartín a iniciativa da Asociación Valdeorresa de Apicultores.

 

 

A sesión comezaba coa intervención do presidente da entidade, Armando Rodríguez, que presentaba aos docentes, ambos da Agrupación Apícola de Galicia. Tras unha exposición inicial sobre esta praga, José María Seijo falaba sobre a manipulación do colmear e dos diversos instrumentos existentes para impedir que a avespa entre dentro da colmea, como é o caso das arpas eléctricas.

A sesión tiña ademais unha parte práctica na que os asistentes aprendían como utilizar estas arpas e tamén as trampas na piquera.

Fotos: Teodoro Suárez e Armando Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close