EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Os apicultores valdeorreses fórmanse para combater a varroa

Medio cento de membros da Asociación Valdeorresa de Apicultura participaban nun curso celebrado en Vilamartín

A Varroa destructor é un parásito exótico da abella que lle causa graves danos. Sobre o mellor xeito de facerlle fronte a este ácaro versaba o curso que a Asociación Valdeorresa de Apicultores organizaba na mañá do sábado 28 de xullo.

Medio cento de socios desta entidade participaban nesta acción formativa, baixo o título de “Loita contra a varroa con ácido oxálico”. Estaba dirixida por David Sousa Alonso, quen a partires das dez da mañá daba unha sesión teórica no interior do Centro Cultural Santa Lucía de Vilamartín. Despois, dábase paso a unha parte práctica xa no exterior destas instalacións.

Sesión práctica./ Foto cedida.

 

Material usado na práctica do curso./ Foto cedida.

 

Outro dos momentos da práctica./ Foto cedida.

“Resultou moi interesante porque é importante ter formación para aplicar os tratamentos con ácido oxálico sublimado”, destaca o presidente da Asociación Valdeorresa de Apicultores, Armando Rodríguez. Este curso respondía a unha demanda dos apicultores desta entidade manifestada na asemblea celebrada na pasada primavera.

Fotos da galería correspondentes á parte práctica do curso: Teodoro Suárez.

Artigos relacionados

Back to top button