ConcellosÚltima hora

Os aplausos das oito da tarde, na Veiga

Veciños do barrio da Ponte, na Veiga, aplaudindo e tocando os bombos. /Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que a poboación xa vai saíndo á rúa, continúa o estado de alarma polo coronavirus e a cita das oito da tarde, segue sendo sagrada para moitos veciños que saen a aplaudir o labor de todos os que están loitando en primeira liña contra a pandemia.

Na localidade de A Veiga non son unha excepción e dende que comezou o confinamento aplauden cada día ao chegar as oito da tarde. No caso concreto do barrio da Ponte (antigamente Astercada), saen á beirarrúa e non se conforman con aplaudir, senón que despois de escoitar a canción Resistiré, sacan os bombos, aixadas e o que teñen a man para tocar, amenizando durante un rato a corentena.

 

Os cativos saen cos bombos. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button