Mañá, luns 27 de xaneiro, a partir das 22:30 horas en La 1 de RTVE, os telespectadores teñen de novo unha cita co programa “Maestros de la Costura”, que comeza a súa súa terceira edición en Ourense. Concretamente, o programa trasladou aos 12 aprendices participantes ao taller dun dos maiores xenios da moda española, Adolfo Domínguez, quen abriu a súa primeira tenda na cidade das Burgas en 1973 e hoxe desfila nas mellores pasarelas internacionais.
Nestas instalacións, os participantes enfróntase ao reto de reproducir un pantalón e unha blusa da nova colección desta firma, sen esquecer a esencia elegante, funcional e chea de liberdade que as caracteriza. A conselleira delegada da empresa Adriana Domínguez, e a directora creativa Tiziana Domínguez, revelarán as claves do éxito e controlarán que a pulcritude e o orde sigan reinando no seu taller.
Esta viaje de “Maestros de la Costura” a Ourense supón “rendir unha merecida homenaxe á maior industria téxtil do noso país, a moda galega, conformada por miás de 500 marcas”, explican dende a Deputación de Ourense. O presidente Manuel Baltar, foi o encargado de recibir ao equipo do programa no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde se grabaron algunhas das imaxes que os espectadores poderán ver mañá en La 1.