Publicidade
OurenseÚltima hora

Os Arrieiros de Petín e os folións de Fradelo e do Tameirón, na 25 Festa da Cachucha do Carballiño

Nesta celebración, prevista para o domingo 10 de marzo, tamén desfilarán 31 comparsas polas rúas da vila
Os Arrieiros de Petín, tocando o pasado ano no Carballiño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Espérase que sexan os desfiles máis concurridos dos últimos anos no Carballiño. “O feito de que se tivese que aprazar o Concurso de Comparsas do Martes de Entroido a causa do mal tempo, contribuiu a que este Domingo de Piñata, celebración da 25 Festa da Cachucha, os dous desfiles previstos vaian a contar cunha participación récord de agrupacións”, aseguran dende o Concello.

Deste xeito na mañá do vindeiro domingo a partir das 12h. terá lugar un pasarrúas por Curros Enrríquez e a rúa do Paseo das charangas Doctor Anchoa, Castro Bello, Noroeste, Ardores e CLK, así como dos folións de Fradelo (Viana do Bolo), O Tameirón (A Gudiña) e Arrieiros de Petín, e de nove comparsas de Amoeiro.

 

O Folión de Fradelo (Viana do Bolo) tocará novamente este ano o Domingo de Piñata no Carballiño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

E pola tarde, ás 17:30 h., celebrarase o desfile-concurso de comparsas con saída da rúa Otero Pedrayo e co recorrido habitual por Conde Vallellano, Xullo R. Soto, Calvo Sotelo e rúa do Paseo. Nel, ademais das 16 comparsas que competirán polos casi 8.000 euros que hai para premios, tamén desfilarán fóra de competición outras moitas comparsas, así como os tres folións da mañá.

Como vén sendo habitual, este desfile irá encabezado pola murga Os Liborianos, e ao remate, ás 19 h., actuará na Praza Maior a orquestra-espectáculo Principal, en cuxo escenario se entregarán os premios do concurso, así como os correspondentes á Ruta dos Mil, celebrada o pasado sábado.

Por outra banda, están practicamente completas as prazas para o xantar da cachucha nos 24 establecementos hosteleiros que servirán este menú, “polo que prégase que aquelas persoas que ainda non teñan feita a reserva o fagan o antes posible”, din dende o Concello.

 

Folión do Tameirón (A Gudiña), no Carballiño./ Foto: Carlos G Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close